Friday 17 de May de 2024

Mozos e mozas do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro participan en dous obradoiros gratuítos de graffiti


 

Gran acollida dos obradoiros de graffiti sobre paneis e sobre parede impartido esta semana por membros da asociación Vella Escola entre os mozos e mozas de ESO do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Dúas actividades encadradas no proxecto “Mocidade en movemento”, que se desenvolve desde a Oficina de Información Xuvenil de Lousame e que subvenciona a Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

No obradoiro de graffiti sobre paneis de madeira suxeitos por unha estrutura, os mozos/as participantes aprenderon as técnicas necesarias para o uso de sprays e o modelado, centrándose na figura de Zernadas de Castro. No obradoiro de graffiti sobre parede, o grupo de participantes decidiuse por reflexar a lenda: “O Zernadas é territorio galego”.